venres, 26 de outubro de 2018
mércores, 24 de outubro de 2018
A pota que trota (6º e 3º cursos)
Os nenos e nenas maiores, celebrando o día da biblioteca, agasallaron aos diferentes cursos do colexio cunhas maxistrais actuacións e adaptacións dos nosos contos. Unha actividade moi divertida que fixo as delicias dos máis pequenos.
Actividades variadas de aula (3º curso)
Aquí podedes ver algunhas das actividades que realizamos diariamente. Neste caso son algunhas tarefas da clase de terceiro curso de educación primaria.
Actividades con material de refugallo
A primeira xornada deste curso 18/19 dedicámola a saudarnos e falar moito das vacacións que viñan de rematar. Para amenizala, contamos cuns xogos incribles e moi entretidos feitos con material de refugallo. Moi ben o pasamos...
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)





















